logo paquebote
23 libros encontrados buscando autor: Ramon Caride Ogando

www.paquebote.com > Ramon Caride Ogando

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

978-84-9914-400-9

Sarou Louzós

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 184
Formato: Rústica
Precio: 20,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Durante máis de vinte anos, a obra narrativa de Ramón Caride, paralelamente a outras xeiras e debalos mundo adiante, foi poboando os seus dous lugares referenciais, tan familiares como míticos –Sarou, nas Rías Baixas; e Louzós, no corazón da Galiza central–, con historias do máis escuro e violento realismo, resgatadas dos xornais e da nosa memoria común; e tamén con personaxes marcados a ferro pola vida. Fitos e alicerces da nosa serie negra, estas historias son tamén expresións dun mundo propio, dun universo duro, acedo e conflitivo, onde só o amor, contadas veces, é quen de poñer luz, ou de tentar dar acougo. (*CR*)Por primeira vez, todos os relatos do ciclo recóllense xuntos e organizados polo autor nun volume unitario. Xa que logo, este é un libro senlleiro; en verbas de Xosé Vázquez Pintor: unha «crónica de sucesos a pé de obra, estes retratos de urxente xornalismo que xa se instala na retina, no de cada día; e todos somos cómplices, parte destas historias de infinita soedade e infinitas arañas a tecer os cabos do naufraxio».


ISBN:

978-84-9914-332-3

A pomba dona Paz

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 40
Formato: Cartoné
Precio: 12,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Dona Paz é unha pombiña que vive a rentes do ceo. Nunha casiña moi linda entre as torres dunha igrexa. En conto o día amañece vai pasear moi cediño, para ver que cousas pasan polas prazas e os camiños.(*CR*)O día 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar pola Paz en conmemoración da morte de Mahatma Gandhi, unha data que contribuíu nos centros educativos de xeito moi especial á difusión da Educación para a Paz.(*CR*)A pomba dona Paz é un relato concibido para que os lectores e lectoras máis novos participen tamén dos valores da construción pacífica da sociedade e da cidadanía democrática.(*CR*)Un libro que é un vieiro da esperanza cara a un mundo en paz e igualdade.


ISBN:

978-84-9782-514-6

As máscaras de Cronos «Poemas 1994-2005»

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 304
Formato: Rústica, 13 x 21
Precio: 23,60
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

As máscaras de Cronos reúne a poesía de Ramón Caride entre 1994 e 2005. Un volume que inclúe os libros éditos Cerne das labaredas (1994), Flor no deserto (1995), e Xeografías do sal (1999) e os libros inéditos Diacrónica (2002), Addenda (2002-2005), ademais dun epílogo do brasileiro A. Soares de Moura. Para Xosé Lois García, prologuista do libro, “estamos diante de cinco rexistro moi ben parcelados que nos dan a dimensión dunha poesía innovadora e do seu autor, quen con anterioridade a este poemarios, xa producira outros tres na década dos oitenta. Estamos, por tanto, ante un poeta que polo seu peso creativo xa ten trascendido, apostando por unha solvente e prestixiosa obra poética, onde mostra unha gran diversidade de rexistros que avalan todas as percepcións que nela se manifestan”. As mascaras de Cronos alerta sobre a importancia da obra dun poeta que para o crítico Vicente Araguas constitúe “unha rosa, digámolo, tan exiquisita como irregular, con vocación lírica e épica, compatible cunha dedicación narrativa que ten acadado importantes metas e galardóns”. Unha poesía definida por Manuel María como “aberta á vida e ao mundo, nunha visión totalizadora e non monográfica. Coido que a poesía de Caride é semellante ao orballo que, ao caer manseliñamente sobre nós, dá a impresión de que non molla pero, cando nos decatamos, estamos humedecidos deica os ósos”.


ISBN:

978-84-9914-427-6

O sangue dos camiños

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 224
Formato: Rústica
Precio: 19,50
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

Nunha cidade descoñecida un escritor atorméntase coa desaparición da súa amada, mentres en Nova York unha azafata trafica con estrañas mercadorías. En Le-Vivier-Sur-Mer, na Bretaña, outra muller terá un encontro inesperado que rematará por mudar a súa vida. Os camiños dos tres confluirán, se cadra, dun xeito insólito. Como nunha road-movie vertixinosa, O sangue dos camiños (Premio Risco de Literatura Fantástica 2003) debulla, e transcende, os mitos do folclore actual –os dos medios de comunicación de masas–, mantendo a tensión do lector cara á fatalidade dos desenlaces.
Aos dez anos da súa publicación, esta edición definitiva actualiza e recupera a novela, e culmina a triloxía narrativa de sombras e de lume, integrada tamén por Soños eléctricos e Sarou/Louzós.
“A obra máis lograda do autor ourensán, na que enfronta ao home cos avances científicos, a busca dun mesmo na soidade máis absoluta e o camiño cara ao destino de cada un de nós, malia non sermos conscientes da forza e da determinación do azar.” (Isabel Mociño González)
“O sangue dos camiños é unha novela chea de trama, de argumento, de verdadeira historia. Unha historia que mantén sempre a primacía, o interese, a verosimilitude e nos obriga a reflexionar sobre o sentido das nosas vidas e as súas continxencias. Novela de estradas, de peregrinaxes, de fuxidas dun mesmo, de identidades cambiantes; tamén de pesadelos, alustres e frialdades. Con doses selectas de erotismo, de onirismo, de intres nos que o relato se converte nun verdadeiro thriller psicolóxico.” (Francisco Martínez Bouzas)


ISBN:

9788440304377

Boca da noite

Editorial: Everest Galicia   Año:    Páginas: 128
Formato: Rústica
Precio: 8,94
Lo lamentamos, pero este libro no está disponible en estos momentos.

Boca da noite recrea universos irredentos e fatais. Personaxes cotiáns e atormentados, abocados a finais aterradores que somos quen de albiscar nestes relatos, mais que rematarán fóra das verbas derradeiras, no corazón da escuridade, do mesmo xeito como a negrura da noite máis pecha está presentida nas primeiras sombras do solpor, nun desacougante xogo de contraluces.


ISBN:

9788440311177

O tareco de Sara

Editorial: Everest Galicia   Año:    Páginas: 48
Formato: Rústica
Precio: 8,00
Lo lamentamos, pero este libro no está disponible en estos momentos.

A vida de Sara, unha meniña de sete anos, está a piques de sufrir unha mudanza repentina. Algo abraiante vai sucederlle cando, un día, atope un estraño tareco no sitio menos pensado. Pero... que é un tareco?, que ten de particular o tareco de Sara que non posúen os outros tarecos?


ISBN:

9788440311399

Do A ao Z con... Cabanillas «Clásicos en voces contemporáneas»

Editorial: Everest Galicia   Año:    Páginas: 60
Formato: Rústica
Precio: 8,25
Lo lamentamos, pero este libro no está disponible en estos momentos.

As palabras esenciais e fondas de Ramón Cabanillas, un dos nosos poetas máis polifacéticos, son testemuñas da historia e dos soños; fálannos dun tempo de mudanzas e de loita pola identidade e polos dereitos básicos. Pero tamén lembran as raíces na aldea e no mar, a paisaxe de Cambados, as lendas artúricas, os grandes temas clásicos, o Alén...


ISBN:

9788440305336

Un coelliño na beiramar

Editorial: Everest Galicia   Año:    Páginas: 48
Formato: Rústica
Precio: 7,50
Lo lamentamos, pero este libro no está disponible en estos momentos.

Un coello, curioso e viaxeiro, convértese no noso guía polo mundo do mar. Os seus ollos serán os nosos e con el iremos coñecendo a infinidade de seres que habitan este universo de auga e de sal.
Unha boa oportunidade para que os máis pequenos aprendan a respectar e a coidar o medio que os rodea.


ISBN:

9788440305206

O cabo da Serpe

Editorial: Everest Galicia   Año:    Páginas: 48
Formato: Rústica
Precio: 7,50
Lo lamentamos, pero este libro no está disponible en estos momentos.

Cando a mar está en calma, Roque baixa á praia, prepara a súa barca e sae a navegar. Un día, preto das illas Pixotas, un mal encontro cun habitante do mar deixará a Roque sen o seu máis preciado tesouro. ¿Que lle puido pasar?


ISBN:

9788440303998

A incerteza dos paraísos

Editorial: Everest Galicia   Año:    Páginas: 104
Formato: Rústica
Precio: 4,95
Lo lamentamos, pero este libro no está disponible en estos momentos.

Nos relatos de A incerteza dos paraísos a presencia do enigmático coexiste co gozo, co asombro, coa traizón que marcan a vida dos protagonistas, que acabarán sendo víctimas das súas propias paixóns. Todos eles buscan o camiño ó paraíso, pero a felicidade nunca é simple, ésta chea de sombras e misterios.



<<<anteriores  [11-20]  [21-23]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal